Administración Pública

Dixitalización dos servizos públicos

Ticmoveo colaborou na modernización do transporte público e servizos de mobilidade e turismo coa Xunta de Galicia, o Goberno de Aragón e a Generalitat de Valencia. Esta cooperación cristalizou en proxectos que moven máis de 400 millóns de viaxeiros ao ano.

Consultoría

Asistencia técnica

Axudando na toma de decisións e facilitando ferramentas á Administración Pública.

Actividades

O noso servizo de Asistencia Técnica abarca a elaboración de plans estratéxicos de transporte e mobilidade sostible, mapas de servizos, análises de viabilidade de novas infraestruturas, plans de innovación de transporte e servizos cidadáns, asistencia técnica na implantacióne xestión de ITS e desenvolvementos tecnolóxicos especializados e á medida.

Principais servizos

  • Dirección facultativa de proxectos

    Implantación de proxectos tecnolóxicos, pregos e avaliación de ofertas.

  • Execución de homologacións e auditorías

    Equipos embarcados, sistemas, auditorías de control, seguridade, RGPD, compliance.

  • Desenvolvemento de ITS en ámbito local

    Implantación de tarxetas intelixentes cidadás, turísticas, tarxetas de bicicletas municipais, tarxetas de empregados, etc.

  • Xestión de Fondos Públicos

    Consultoría sobre fondos europeos destinados á innovación tecnolóxica, axudas estatais, etc.

Implantación de novas tecnoloxías

Incrementamos a eficiencia, sostibilidade e seguridade dos sistemas de transporte masivo e os servizos cidadáns.

O móbil
como billeteira

A aplicación de novas tecnoloxías vinculadas ao móbil para todo tipo de usos como viaxar no transporte público, realizar compras, acceder a información turística ou cultural, etc.

Tarxetas sen contacto para o usuario

Implantación de tarxetas intelixentes cidadás, turísticas, tarxetas de bicicletas municipais, tarxetas de empregados, etc.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.