O noso valor engadido

Qué nos fai diferentes

A nosa misión e visión é proporcionar valor aos nosos clientes ofrecendo un servizo de consultoría e desenvolemento dinámico e innovador, sustentado nos nosos aspectos diferenciais.

Xestión desde a proximidade

Ticmoveo ten actualmente tres delegacións en tres Comunidades Autónomas de España: Madrid, Galicia e Valencia. Esta estrutura garante a proximidade aos nosos clientes e a nosa capacidade de resposta inmediata para o desenvolvemento e seguimento de cada un dos proxectos dos nosos clientes.

Perspectiva global e raíces en Galicia

Contamos cun equipo de profesionais con experiencia superior a 25 anos na aplicación das TIC a proxectos de mobilidade en empresas públicas e privadas de toda América do Sur, México, O Cairo, Medina ou Nova Delhi. Este punto de vista internacional proporciónanos un coñecemento amplo e diverso do que está sucedendo no ámbito das tecnoloxías intelixentes para o transporte público (ITS) a nivel global e permítenos ir por diante na aplicación de solucións innovadoras.

Background tecnolóxico

Todo o noso equipo ten un sólido coñecemento de enxeñaría informática froito da súa ampla formación e anos de experiencia en proxectos vencellados a esta área. Ao longo das súas dilatadas carreiras, participaron activamente, tanto a nivel estratéxico como de xestión, na aplicación de solucións TIC punteiras no sector do transporte. Contamos con profesionais versados no desenvolvementeo de ferramentas, softwares e algoritmos que poñen todo o seu talento á disposición dos nosos clientes.

Experiencia en soporte á administración

Estamos familiarizados coas metodoloxías e estándares de
traballo da administración pública, para a que acometemos algúns dos nosos máis destacados proxectos. 

Realizamos unha xestión integral do ciclo de vida do proxecto: desde a análise funcional mediante documentos aliñados cos estándares IEEE 830 de Especificación de Requisitos Software ata a implementación de desenvolvementos segundo as directrices de marcos de traballo áxiles como SCRUM ou metodoloxías de entrega de servizo como ITIL, facéndolles seguimento pormenorizado e prestando soporte funcional e técnico.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.