Sobre nós

Quen somos

Con sedes en Galicia, Valencia e Madrid e impulsada por Palma ToolsTema Grupo Consultor, empresas referentes na consultoría do sector da mobilidade, TICMoveo ofrece solucións tecnolóxicas personalizadas grazas a un equipo multidisciplinar de consultores con amplas traxectorias tanto no sector das tecnoloxías coma no do transporte.

Xunto a Palma Tools contamos con máis de:

Referencias exitosas de proxectos
0
Clientes
0
Anos de experiencia acumulados
0
Os nosos valores

Represéntannos

TICMoveo promove un comportamento íntegro, baseado nos valores corporativos do grupo ao que pertence

Independencia

En TicMoveo non estamos casados con ningunha tecnoloxía, polo que sempre ofreceremos a solución que mellor se adapte ao proxecto.

Excelencia

Aplicando as metodoloxías de traballo e desenvolvemento que mellor se adaptan a cada un dos nosos proxectos, conseguimos liberar produto adecuado e con garantías.

Calidade

Baseada na transparencia dos procesos e a confianza no equipo de traballo, para obter resultados cun gran valor engadido.

Solvencia

Avalada pola extensa traxectoria do equipo humano multidisciplinar con máis de 35 anos de experiencia no campo da consultoría de transporte e mobilidade.

Talento

Representado no equipo de consultores que conforman TicMoveo, no que se integran de forma natural diversas disciplinas e un equipo de traballo internacionalizado de gran alcance.

Equipo

O equipo multidisciplinar de consultores de TicMoveo garante un servizo integral orientado ao cliente con máxima capacidade de resposta e resultados contrastados.

Tecnoloxía

Apostamos firmemente polo uso das tecnoloxías máis innovadoras e implementamos nos nosos servizos as ferramentas máis avanzadas en materia de planificación e organización da mobilidade.