Actualidad

Estreamos ticmoveo.com, tecnoloxías para a mobilidade

O novo portal ticmoveo.com foi creado para dar a coñecer os servizos e compartir o traballo que se leva a cabo no deseño de solucións tecnolóxicas innovadoras que faciliten o día a día das empresas no sector da mobilidade.

Con esta nova plataforma en liña, TicMoveo reflicte a súa principal motivación: impulsar proxectos de mobilidade intelixente a través das TIC e atender as necesidades de dixitalización dos diferentes axentes relacionados coa xestión do transporte.

A empresa especialízase en achegar todos os compoñentes tecnolóxicos ao servizo dos proxectos de mobilidade intelixente, en base ao coñecemento TIC e á Enxeñería, Desenvolvemento, Consultoría e Arquitectura Tecnolóxica de Sistemas Intelixentes de Transporte e Servizos Cidadáns. O noso equipo de desenvolvedores traballa actualmente en destacados proxectos do sector en Galicia, Valencia e Aragón.

TicMoveo forma parte do holding empresarial TEMA Grupo Consultor, para dar resposta ás necesidades de innovación tecnolóxica aplicadas ao sector do transporte e a mobilidade. TicMoveo nace en 2019 para complementar os traballos nos que participan o resto das empresas do grupo: Tema Enxeñería, iPlan Mobilidade e Abaco.

Múevelo en tus redes:

Facebook
Twitter
LinkedIn

Actualidad

Tenemos más para contarte:

A mobilidade demóstrase innovando

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.